Saltar ao contido principal

Publicacións

Propostas mascotas da biblio

Publicacións recentes

Recuncho Begoña Caamaño

Maila que a biblio estivo pechada estas semanas, aínda seguimos a conmemorar a Begoña Caamaño como protagonista das letras galegas deste ano. No mostrador da biblio poderás atopar bibliografía sobre Begoña, e tamén nos pasillos está dispoñible a exposición da autora. Anímate a pasar!

Nova Biblio do Losada

 Hoxe volve a abrir as súas portas a biblio. Recoñecedela? Así de bonita loce: Moitas grazas a todo o profesional dos ciclos de carpintería polo bo traballo realizado estes días, tanto alumnos coma profesores.

Celebración das letras galegas no Losada

En colaboración co EDLG estamos a celebrar as letras galegas no Losada. Paula Carballeira veu grabar unha entrevista con alumnos de primeiro de bacharelato: Begoña Caamaño por Paula Carballeira. Letras Galegas 2026 no Losada Tamén tes no corredor da biblioteca a exposición sobre Begoña. E prometemos máis na reapertura da nosa biblio!  

Pechados por obras!

 Dende hoxe e ata próximo aviso a biblio do Losada permacerá pechada por obras. Podes estudar na aula 211 (que permanecerá pechada nos recreos). Se precisas algún libro busca ao persoal de sala que estará encantado de axudar! Ahí queda unhas fotos do que se está cocendo...   

Libros con memoria

 Así de interesantes son os libros con memoria dos retelladores, anímaste a tratar de adiviñar de quen é cada un? E aínda tes tempo de traer o teu :)  

Visita Teresa Portela

 Onte pasouse polo noso centro Teresa Portela, piragüista olímpica. Impartiu unha charla motivacional sobre deporte e igualdade. Tamén tivemos ocasión de preguntarlle polas súas lecturas 😊 Moitas grazas a Deputación de Pontevedra por facelo posible, e a todos os departamentos que colaboraron para executalo!