Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

Clube lectura profesorado: Comerás flores

 Tras o éxito que supuxo esta novela nos últimos meses, o clbe de lectura do profesorado lanzouse tamén a ela. Opinións diversas, coma sempre, pero sempre atopando puntos en común e con ganas de seguir conversando. Seguinte lectura, a culpa, de María Solar!

Café de pota: "Entroido Edition"

 Para o café de pota de onte tivemos unha convidada moi especial: Jeanine a nosa auxiliar de conversa en inglés. Fixemos un pequeno xogo sobre os doces máis típicos destas datas na nosa terra, e comparamos cas celebracións estadounidenses. O mellor momento foi cando degustamos unhas orellas/ears para rematar!

Actividades 8 de marzo

 Na biblio do Losada non miramos para outro lado, polo que ahí vai o cartel con todas as actividades para conmemorar o día da muller traballadora:

Celebración do día de Rosalía

Onte saímos da biblio ao Teatro Principal para celebrar o día de Rosalía:Uxía Aller Matalobos, que leu "Máis ve que o meu corazón" e Manuel Matalobos Buján, ca peza "Quérome ire, quérome ire!", de Follas Novas. Emoción e sentimento. Noraboa rapaces!

Clube lecturas familias: O corazón de Xúpiter

 Esta semana tivo lugar na biblioteca do centro a inauguración do clube de lectura de familias, coa lectura do Corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Aprndemos todas e todas moito!