Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

Café de pota "Oh la la"

No café de pota de onte degustamos "pain au chocolat" mentras descifrábamos uns divertidos trabalinguas: la mer du maire est a la mer... quizáis si! Anímate a vir nos vindeiros mércores!

Ga-Lego

 O pasado venres, o alumnado do primeiro ciclo de administrativo foi quen de participar na actividade promovida polo equipo de dinamización da lingua galega do centro: Ga-Lego. A través de distintas dinámicas, os alumnos tiveron que recrear sitios da nosa comunidade. Foi preciso o uso da imaxinación e tamén a colaboración. Un posto de rosquillas das festas de Moraña, un paseo en barco pola ría de Ferrol, un día no Son do Camiño, o paseo de Silgar ou unha visita á Domus. Serás capaz de identificar estas construccións nas seguintes fotos? Finalizamos traballando en equipo algunhas propostas de negocio para A Estrada: unha churrería con reparto a domicilio e unha pista deportiva. Podes velas nas seguintes maquetas. Quedamos con ganas de máis :)

ENTREGA DE PREMIOS DINAMIZAESTRADA 2026

 Hoxe tivo lugar na biblio a entrega de premios do concurso de microrrelatos e micropoemas de Dinamizaestrada. As palabras este ano eran noite e azul, en relación ca celebración das letras galegas a Begoña Gómez. Parabéns a todos os premiados e a seguir creando!

Lectura 8M

 Hoxe diron comezo as lecturas dos libros do 8M. Recorda que durante toda a semana nos recreos precisamoste para poñer voz ás lecturas. Recorda tamén que en breve comezamos co quiz do 8M, estarán as preguntas nas pantallas do instituto :)

Clube de lectura: Comerás flores

 Damos por concluida a lectura de Comerás flores, o libro de Lucía Solla que está a ser un éxito en librerías e tamén entre os retelladores. Opinións positvas e unha lectura moi fluída, recomendado!