Saltar ao contido principal

Ga-Lego

 O pasado venres, o alumnado do primeiro ciclo de administrativo foi quen de participar na actividade promovida polo equipo de dinamización da lingua galega do centro: Ga-Lego.

A través de distintas dinámicas, os alumnos tiveron que recrear sitios da nosa comunidade. Foi preciso o uso da imaxinación e tamén a colaboración.

Un posto de rosquillas das festas de Moraña, un paseo en barco pola ría de Ferrol, un día no Son do Camiño, o paseo de Silgar ou unha visita á Domus. Serás capaz de identificar estas construccións nas seguintes fotos?


Finalizamos traballando en equipo algunhas propostas de negocio para A Estrada: unha churrería con reparto a domicilio e unha pista deportiva. Podes velas nas seguintes maquetas.



Quedamos con ganas de máis :)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros con memoria

 Así de interesantes son os libros con memoria dos retelladores, anímaste a tratar de adiviñar de quen é cada un? E aínda tes tempo de traer o teu :)  

Celebración das letras galegas no Losada

En colaboración co EDLG estamos a celebrar as letras galegas no Losada. Paula Carballeira veu grabar unha entrevista con alumnos de primeiro de bacharelato: Begoña Caamaño por Paula Carballeira. Letras Galegas 2026 no Losada Tamén tes no corredor da biblioteca a exposición sobre Begoña. E prometemos máis na reapertura da nosa biblio!  

Propostas mascotas da biblio

Xa podes ver no corredor da biblioteca as propostas elaboradas polos alumnos de 3ºESO para ser a futura mascota da biblioteca. Propostas moi orixinais, animais e misteriosas. Parabens a todos os participantes!